Antonio Vázquez Gómez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1935 (88/89 anos) Lugo, España |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Antonio Vázquez.
Antonio Vázquez Gómez, nado en 1936 en Lugo foi un empresario galego, presidente do Celta de Vigo entre os anos 1973 e 1976[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Moi novo trasladouse a vivir a Vigo coa súa familia onde desenvolveu a súa vida económica. O 3 de xullo de 1973 foi aclamado por case unanimidade presidente do Celta de Vigo, equipo que se atopaba nunha situación moi difícil tanto económica como deportiva, aspecto este último baixo a dirección de Juanito Arza[2]. No eido financeiro o club presentaba unha débeda de 29 millóns de pesetas.